Burela, 18 de outubro de 2019. Burela acollerá o vindeiro xoves, 24 de outubro, unha manifestación de apoio a Alcoa. O rexedor, Alfredo Llano, fai unha chamada á participación e á solidariedade.
O alcalde contou que “o próximo xoves, día 24, vamos continuar coas manifestacións de apoio á factoría Alcoa, para que siga na nosa comarca. Imos facelo en Burela, na Praza do Concello, a partir das 20:30 horas”.
Llano dixo que “xa teño a confirmación da asociación de comerciantes de Burela, que nos van apoiar, e quero facer extensible a toda a comarca e á xente de Burela para que se acheguen o xoves 24 ás oito e media da tarde á Praza do Concello”
Para o rexedor burelés “a presenza solidaria de todo o mundo da comarca debe ser significativa para acadar o obxectivo que temos, que non é outro que siga a factoría producindo, que siga mantendo os postos de traballo e que siga sendo algo tremendamente importante na vida socioeconómica da nosa comarca”.