Burela, 17 de outubro, 2019. A Biblioteca Pública Municipal de Burela e a Delegación de Cultura presentan a Xoán Curiel, nun concerto Infantil e Familiar.
O concerto terá lugar no auditorio da Casa da Cultura este sábado, 19 de outubro ás 18:00 horas. A entrada será libre e para público familiar.
Xoán Curiel presenta un novo espectáculo xestado ao longo de anos poñendo música a mulleres como Rosalía de Castro, Antía Otero, Rosalía Fernández Rial, Alda Merini e outras clásicas e tamén contemporáneas. Xoán tamén aporta algunha das cancións do seu primeiro disco “Nai”, adicado á figura da muller e á prevención da violencia de xénero en cancións como “Os Mares de Marte” que formou parte dun proxecto audiovisual para a prevención da violencia de xénero. Neste espectáculo Xoán fai fincapé da necesidade da presencia e visibilización das nosas creadoras utilizando fundamentalmente a poesía e a metáfora por elas creadas que tanta inspiración teñen no artista.
Este concerto atópase dentro do programa LER CONTA MOITO de actividades de dinamización da lectura que promoven a igualdade entre homes e mulleres e / ou a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas de titularidade municipal, integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia.
60 minutos de pura música para loitar contra a violencia de xénero !!