A Mariña, 17 de outubro de 2019. A Federación de Comercio A Mariña enviará 5.000 cartas ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de socios e empregados da FCAM amosando o seu apoio a Alcoa e para solicitarlle que tome as decisións oportunas para que a planta de San Ciprián poida competir en igualdade de condicións que o resto do sector en toda Europa.
A FCAM, a través de cada unha das oitos Acias que a conforman, poñerá a disposición dos clientes e da veciñanza destes municipios, cartas para remitir á presidencia do Goberno: “só terán que poñer o selo e o remite, si así o desexan, para así personalízalas para envialas”. O obxectivo é chegar ás 80.000”, explicou José Carlos Paleo, presidente da Federación de Comercio A Mariña.
Na carta dirixida a Pedro Sánchez a FCAM explícalle que aglutina a cerca de 1.000 negocios e autónomos e 5.000 empregos directos das oito asociacións de comerciantes do norte lucense que a forman: Ribadeo, Foz, Burela, Lourenzá, Xove, Viveiro, Covas e O Vicedo.
A Federación de Comercio A Mariña amósalle “nuestra preocupación por la incertidumbre que pesa sobre la planta que Alcoa tiene en San Ciprián (Cervo). La factoría genera 1.100 puestos de trabajo directos y otros 700 indirectos. Es la empresa más importante que tiene la provincia de Lugo. Su cierre sería una auténtica catástrofe para la comarca de A Mariña y sus más de 80.000 habitantes”.
José Carlos Paleo subliñou que “o futuro de Alcoa depende dunha decisión económica. Consideramos, e así o expoñemos neste documento, que é mellor investir en mantemento competitivo que en paliar a destrución de emprego”.
O documento remata convidando a Pedro Sánchez a visitar a Mariña: “aprovechamos la ocasión para invitarlo a visitar esta comarca y a conocer sus recursos”.
A FCAM amosa tamén o seu apoio e preocupación con todo o que está a acontecer con Endesa, de As Pontes, a súa comarca e a Terra Chá, moi vinculada e cunha relación directa coa Mariña.
No acto de presentación da campaña, que tivo lugar este mediodía en Foz, estiveron xunto a José Carlos Paleo, os presidentes das Asociacións de Comerciantes de Ribadeo, Burela e Xove e a xerente do CCH de Viveiro.