Burela, 17 de Outubro de 2019. O Vencello realizará unha Viaxe á Ribeira Sacra, o vindeiro 9 de Novembro de 2019 que incluirá: saída da estación de autobuses de Burela ás 08:00 horas en autobús de 1ª categoría, visitas guiadas en miradoiros e á adega Regina Viarum, comida típica nun restaurante cercano á adega e paseo en catamarán dende o embarcadoiro de Doade (sobre as 16:00 horas), e seguro de viaxe. Esta viaxe terá un custo con todo incluído de 45 €uros para os socios e 65 €uros para os non socios e terá un límite de 50 prazas. A data límite para apuntarse será o 4 de novembro de 2019 e para apuntarse poderán facelo a través de calquera dos membros da xunta directiva ou no teléfono 617-40.32.35 (Alberto) en horario de 10:00 horas a 14:00 horas e de 18.00 horas a 20:00 horas de luns a venres.
Tamén se comunica que o 22 de novembro de 2019 ás 20:30 horas no Salón de Actos da Antiga Biblioteca de Burela realizarase unha Asemblea Extraordinaria de Socios para presentar candidaturas para configurar a nova Xunta Directiva da Asociación que cumple catro anos de mandato e tal e como reflicten os estatutos debe ter eleccións transcorrido dito período. Nesa Asemblea presentaranse as candidaturas e decidirase nese mesmo acto a data da votación final, que non será nunca máis tarde do 15 de decembro de 2019.