CERVO .- Atopase a exposición pública a solicitude de autorización administrativa e o proxecto de execución para facer unha “planta satélite de gas natural licuado para a subministración na rede de distribución de gas natural do Concello de Cervo” según informa o BNG de Cervo.
A planta terá unha capacidade de gasificación de 1.500 metros cúbicos por hora e, según indican os nacionalistas, conta cun orzamento de 274 mil euros estará. Irá ubicada nunha pacela do polígono industrial de Cuíña e ten carácter provisional .
O nacionalistas de Cervo aseguran que “as empresas instaladas no polígono veranse beneficiadas polo Plano de Gasificación de Galiza desenvolto pola Consellería de Innovación e Industria para dotar de gas natural licuado a polígonos industriais do país considerados prioritarios”.
Nota de Prensa
A CONSELLERIA DE INNOVACION E INDUSTRIA SEGUE DANDO PASOS PARA ADIANTAR A CHEGADA DE GAS NATURAL LICUADO AO CONCELLO DE CERVO.
A Dirección Xeral de Industria Enerxía e Minas remitiu ao concello resolución pola que se somete a exposición publica autorización administrativa e proxecto da Planta satélite de gas natural licuado do Concello de Cervo.
A Consellería de Innovación e Industria dirixida polo nacionalista Fernando Blanco, segue a dar pasos adiante para facer chegar ao Concello de Cervo a subministración do gas licuado.
Segundo resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas de data 8 de outubro que foi comunicada ao concello de Cervo o 13 de outubro, sometese a información publica polo prazo de 20 días a solicitude de autorización administrativa e o proxecto de execución para a “Planta Satélite de Gas Natural Licuado” para a subministración na rede de distribución de gas natural do Concello de Cervo a petición de Gas Galicia SDG, S.A, empresa que conta coa autorización administrativa para rede de distribución de gas natural no concello de Cervo e pretende adiantar o servizo mediante unha planta de almacenaxe provisional en tanto non estea disponibel a definitiva, para o que presentou un novo proxecto que debe someterse a información publica.
CARACTERISTICAS DA PLANTA SATELITE E UBICACION
Esta planta provisional que pretende adiantar a subministración de gas natural ao concello conta cun orzamento de 274.034,02 euros e estará situada segundo o proxecto na parcela S-1 do Polígono Industrial de Cuíña, cunha capacidade xeométrica de almacenamento de 60 m3 e unha capacidade de gasificación de 1.500 m3 hora, entre outras características. Os interesados poderán revisar as características do proxecto unha vez publicado o anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Industria ou na Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de Lugo.
AS APOSTAS DAS CONSELLERIAS NACIONALISTAS DE INDUSTRIA E VIVENDA POLO POLIGONO INDUSTRIAL DE CUIÑA SON EVIDENTES.
Ao marxe deste proxecto para o que Gas Galicia SDG xa ten aprobada autorización administrativa para a rede de distribución cun investimento de 316.758,66 euros, a Consellería de Innovación e Industria aportou mediante convenio asinado co concello 24.712 euros para melloras dotacionais no polígono ademais da rede de internet sen fíos. No caso da Consellería de Vivenda e Solo xa se puxo a disposición dos interesados a fase C do polígono cunha superficie e 176.900 m2 e cun investimento de 1.2 millóns de euros e neste momento executa obras para equipamentos dotacionais e zonas verdes que proximamente serán entregadas ao