Cervo, 16 de outubro de 2019. Os socialistas de Cervo critican o “triunfalismo de Villares”, na presentación para a súa aprobación no pasado pleno da Conta Xeral do Concello de Cervo, polo que critican “que no ámbito económico non son capaces de desenrolar una xestión á altura do que se merecen os Cervenses”. Francisco Mon xa advertiu no debate dos orzamentos que elaborou o Goberno do PP que eran un mero trámite, e non se correspondían cun ningún tipo de Plan ou Proxecto claro que apostara polos cidadáns, pola recuperación económica e social, e que contemplaran algunha iniciativa con proxección de futuro que poida impulsar e sacar da precariedade a Cervo”.
“Agora, ante a Conta Xeral que presentan,vemos como se retrata unha vez máis a pobre e nefasta xestión que esta a realizar o Goberno do PP en Cervo. E así nos vai.Pero iso sí, cando chegan épocas electorais votamos a casa pola venta. Por isto, no seu afán electoralista no exercicio 2018, incúmprese a regra de gasto polas súas actuacións que tiveron como protagonistas o despilfarro e a improvisación”, espetou Mon.
Nese senso lembrou que o orzamento para o exercicio 2018 aprobouse por un importe de 7.075.028,97€. Pero tras unha xestión errática que conlevou15 modificacións de crédito: 1 incorporacións de remanentes, 1 transferencias de crédito, 11 xeracións de crédito e 2 créditos extraordinarios; co único fin de incluír o que non fixo na última década e para xustificarse electoralmente ante os veciños e veciñas, finalizou cun importe de 9.206.702,09€
Mon denuncia que a raíz de todo isto,“que a falla de previsión e xestión do Alcalde de Cervo incumpriuse a normativa da regra de gasto. Polo que nos leva a impoñer un Plan de Axuste que, suporá durante este año e o que ven, a que Concello practicamente non acometerá inversión algunha, levando a cabo soamente as que ten en execución do exercicio de 2018”.
“Temos un equipo de Goberno que traballa sen plan prefixado, e que toma decisións só pensando no seu propio beneficio, e non pensando nos veciños e veciñas de Cervo. E agora véñenos cos seus burdos intentos de triunfalismo e de minimizar os problemas”. Nese senso emprazou ao Goberno a “proceder a depuración de saldos pendentes, e a non abusar dos recoñecementos extraxudiciais de créditos”. Tamén demandou a realización dun Inventario de Bens e dereitos, e a que elabore un plan de RRHH coa instauración dunha RPT.
Onde estaba Villares
“Agora Villares esta moi ocupado noutras lides, xa que agora se exhibe como máximo sindicalista no tema de ALCOA, esquecendo que cando o Goberno de Rajoy coa complicidade de Feijóo, impoñían un sistema de poxas,a Villares nin estaba nin se lle esperaba. O mesmo que aconteceu co ERE de Sargadelos… Onde estaba a vea sindicalista do Sr. Alcalde para sacar a xente a rúa? Simple e sinxelo poñéndose de canto.Da mesma maneira que nos recortes da Sanidade, cando querían cerrar o Centro de Saúde de Cervo e eliminaron un médico en San Ciprián, ¿Onde estaba o Sr. Alcalde?”, pregunta Mon.
“A defensa dos veciños de Cervo, para Villares, é selectiva. Si pode sacar rédito electoral para o PP, aparece, pero si so é para defender os seus veciños e os seus dereitos, non o busquedes que non está”, resumiu.