O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil no CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés, explica que se trata de “un curso de iniciación á colocación de placa de xeso laminado que imparte a empresa Placo, pertencente ao grupo Saint-Gobian, que é un referente a nivel nacional e internacional na fabricación de todo tipo de materiais de xeso laminado. Aquí está presentando novos produtos para o exterior de vivendas”. O curso, que ten unha duración total de 15 horas de formación, empezou onte, martes, e continúa hoxe, mércores, e mañá, xoves. Conta con 25 participantes e “ademais das explicacións teóricas que lles están dando os asistentes tamén fan prácticas cos produtos desta empresa”.
O CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, acolle un curso de instalación de placas de xeso laminado, actividade formativa que conta con 25 participantes
O CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, acolle un curso de instalación de placas de xeso laminado, actividade formativa que conta con 25 participantes
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros