O VALADOURO .- O sábado 27 de Marzo celebrase en Ferreira o Mercado de Primavera e V Ruta de tapeo de O Valadouro; 11 establecementos de hostalería ofrecen 22 tapas totalmente gratis, só polo valor da consumición
O vindeiro sábado 27 de Marzo recupérase unha vez máis o típico Mercado Tradicional de Primavera que este ano cambia a ubicación para a explanada que está no parque Rosalía de Castro diante do antigo matadoiro de Ferreira.
Contaremos con produtos ecoloxicos, da horta, mel, queixos,…artesáns da madeira, cesteiros,… e tamén co circuíto da escola galega de ponis de Galicia que preside Xacobe Pérez e que para todolos nenos (ata 12 anos) que se acheguen ata O Valadouro van a ter unha volta gratuíta e poderán repetir as veces que queiran.
A media mañá, a charanga NBA vai a animar un pouco a xornada polo mercado e os locales hostaleiros que participan e colaboran coa V ruta de tapeo de O Valadouro.
Este ano contamos con 11 locales participantes na V Ruta de Tapeo de O Valadouro que nos van a ofrecer 22 tapas totalmente gratis, só polo valor da consumición.
Tapas:
O Atallo: ragú al corsal / coctel de mar
Hotel Vila do Val: Rollitos do Val / Banderillas a la gallega
Bar Nardo: Bacalao á vasca / Pulpo á feira
Bar Venezuela: Ragú de Sepiola / Huaraches en salsa
Mesón As Pedras: Fabas con Pulpo / Pimentos recheos de marisco
Bar Asturias: Brocheta marianera / Caprichitos en salsa de queso
Confitería Méndez: Pota marinera / Cesta da compra
Hostal O Novo: cuncas recheas / tortelas
Bar Casa da cultura Soldaditos de pavía / Bisqué de cangrexo
Bar El Valle Fabes con berberechos / Salpicón de pescada
Bar colorado Amara zaharra / sabe ben
Pola tarde, a partir das 17:00 horas, na carpa, haberá unha demostración de forxa e outra de Ferraxe. A partir dunha pletina de ferro vaise de fundir para forxar os cascos para ferrar un cabalo para logo despóis ferrar un cabalo.
Tamén contaremos cun taller da Deputación Provincial de Lugo dentro das Reservas da Biosfera o plan LUGO2.