Burela, a 14 de outubro de 2019.- O alcalde en funcións, Alfredo Llano, “volve ás andadas”. Isto é o que aseguran dende o PP de Burela, despois da nova convocatoria de pleno extraordinario a celebrar este mércores en horario de mañá.
Para os populares dedúcese que, cos puntos incluídos na Orde do Día, “ao Sr. Llano lle molesta moitísimo a labor fiscalizadora das accións de goberno que fai o PP”. “Non lle debeu sentar moi ben que na última sesión extraordinaria, no apartado de rogos e preguntas, lle sacaramos as cores coa súa interpelación porque neste pleno ese punto, o de rogos e preguntas, desapareceu da orde do día”, afirman.
Por iso, consideran que ao rexedor “o que lle vai é a súa particular ditadura na que quere sumir ao municipio”. “Poder facer o que lle vén en gana sen ter que dar explicacións, todo elo encuberto cunha aureola de aparente boismo. Pero todo isto desaparece á luz dos feitos, non quere que o único Partido que lle pode por freo aos seus desmáns, o PP, teña a opción de desenmascaralo”, manifestan.
Diante o suceder dos feitos, dende o Grupo Municipal apelan á importancia das decisións que se toman nas urnas. “Iso sabémolo ben en Burela na dobre cita do 10N e do 17N. O que se vai a decidir na segunda volta da mesa única do Perdouro é que a particular ditadura do Sr. Llano se instaure en Burela, coa conivencia dos seus socios preferentes, ou que en Burela haxa un Partido forte, o PP, que podería alcanzar o seu quinto concelleiro, e así poñerlles freo”, conclúen.