A Pastoriza, 13 de outubro.- Pablo Guerra Testa foi o vencedor do Volante Deputación, que se disputou ao longo da fin de semana no circuíto da Pastoriza.
O mozo lucense participará na vindeira edición do Rally San Froilán na estrutura do equipo de competición PTC aos mandos dun Suzuki Swift Sport, o premio en xogo nesta proba que pretende achegar aos afeccionados e afeccionadas ao motor á competición automobilística e que conta con apoio da Área de Deportes da Deputación de Lugo e mais do Concello da Pastoriza.
O piloto, que participaba por segunda vez no programa, recibirá formación específica para competir no rally lucense, que se celebrará do 25 ao 27 de outubro.
Entrega de premios
O deputado de Deportes, Efrén Castro, e a tenente de alcalde da Pastoriza, Elva Carreira, asistiron a final das probas cronometradas e fixeron entrega dos galardóns tanto ao gañador como ao resto dos finalistas, Roberto Rodríguez Echeverry, segundo; Adrián Torreiro Ocampo, terceiro; Jesús Neira Lira, cuarto, e Alberto López Fernández,quinto.