Lugo, 9 de outubro de 2019.- Os afeccionados e afeccionadas ao motor teñen ata ás 10:00 horas do vindeiro venres 11 de outubro para anotarse no Volante Deputación, que lles ofrece a posibilidade de entrar pola porta grande no mundo da competición automobolística.
O programa inclúe unha parte formativa, na que todos os participantes reciben un curso de condución, e outra competitiva, que consiste na disputa dunhas probas cronometradas.
O premio para o gañador ou gañadora é participar no Rally San Froilán a bordo dun Suzuki SwiftSport, dentro da estrutura do equipo de competición PTC Escuela.
O formulario para anotarse pode descargarse na web de PTC Escuela. O número máximo de participantes é de 185 persoas.
Probas cronometradas
As probas celebraranse os días 12 e 13 de outubro no circuíto da Pastoriza. Cun coche facilitado por PTC Escuela e co cronómetro como xuíz, as persoas inscritas competirán por facer o mellor tempo e facerse coa praza para competir noa 41 edición do Rally San Froilán, que se celebrará do 25 ao 27 de outubro.