Para abrir boca comezou a xornada con unha clase de zumba impartida de forma altruista por Lorena de Sala 5 Fitness & Benestar. A continuación tivo lugar o xantar común para repoñer forzas antes da disputa á primeira hora da tarde dun partido de fútbol, o cal enfrontou @s usuari@s do Centro perante as súas familias e monitores. A Xornada de Convivencia foi organizada polo Departamento de Deporte e Ocio, que quere agradecer ó Concello de Viveiro a cesión do campo de fútbol de Lavandeiras, as mesas e sillas para o xantar; así como as familias d@s usuarios o seu apoio, implicación e participación.