Santiago, 1 de outubro de 2019. O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que o Goberno central garanta os centros produtivos e os postos de traballo na factoría de Alcoa en San Cibrao, ao tempo que se aprobe, de xeito inmediato, o estatuto de apoio ás empresas electrointensivas. Así mesmo, solicitará a creación, dentro da futura Lei reguladora dos xogos de Galicia, dun Observatorio galego de xogos, que elabore un protocolo de menores nesta materia e un informa anual sobre o xogo na Comunidade galega.
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou que na sesión plenaria da vindeira semana procederase ao debate e votación do teito de gasto non financeiro da Comunidade galega para o vindeiro ano 2020. “A diferenza doutras comunidades autónomas que tamén se atopan con dificultades para elaborar os seus orzamentos, ao non coñecer as entregas a conta do Estado para o vindeiro ano, a Xunta de Galicia decidiu elaborar as súas contas para continuar pola senda de estabilidad”, sinalou.