Ribadeo, 30 de setembro de 2019. Acisa Ribadeo únese un ano máis á campaña Días Azuis do Comercio Galego, iniciativa da Federación Galega de Comercio, a Xunta de Galicia e Abanca.
Esta nova campaña desenvolverase do 1 ao 20 de outubro e sortearanse 16.200 euros, repartidos en 28 tarxetas regalo de 300 euros e 52 tarxetas regalo de 150 euros. O sorteo realizarase, ante notario, o 24 de outubro.
Os clientes terán dúas formas de participar neste sorteo: rexistrando as súas compras en www.diasazuis.com (a través de móbil, tablet ou ordenador), ou en www.diasazuis.com/comercios, duplicando deste xeito as posibilidades de ganar. O cliente deberá gardar o tícket que rexistre.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, manifestou que “estamos moi contentos en poder adherirnos un ano máis a esta importante campaña, xa que cremos que é unha forma de fomentar as compras no pequeno comercio de Ribadeo. Por isto animamos aos comerciantes a explicarlles a campaña e axudarlles a rexistrar as súas compras aos seus clientes, especialmente á xente máis maior para que tamén eles teñan posibilidades de ganar algún dos premios que se poñen en xogo”.
Pérez engade que “comeza así o último trimestre de actividades de ACISA cun mes de outubro no que contaremos como mínimo con dúas iniciativas máis tanto de hostalería como de comercio”.