Ribadeo, 25 de setembro de 2019. Na axenda cultural de Ribadeo para os vindeiros días figura un espectáculo de maxia para nen@s e a función teatral protagonizada por El Brujo que terá lugar o domingo, 29 de setembro.
Este xoves, 26 de setembro, terá lugar unha actividade con motivo da celebración do Día Mundial do Alzheimer titulada O cerebro envellece e o corazón engrandece. Será no Cine Teatro ás 12:00 horas e está organizado polo centro de día A Concordia.
Tamén mañá celebrarase o acto de conmemoración do centenario do naufraxio do bote Fernando Villamil. Será no Forte de San Damián ás 17:00 horas.
O venres, 27 de setembro, haberá un espectáculo de maxia para nen@s, dentro do programa Apego, titulado Somos iguais na maxia e ofrecido por Ian & Elisa que con esta obra transmiten valores como a importancia da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. Terá lugar na Biblioteca Municipal de Ribadeo ás 17:30 horas. A actividade está recomendada para nenos e nenas a partir de 3 anos.
E o domingo, 29 de setembro, Rafael Álvarez El Brujo presentará Autobiografía de un yogui. Será no Auditorio Municipal ás 20:00 horas. A billeteira estará aberta desde as 18:30 horas e o prezo da entrada será de 15 euros. A venda anticipada de entradas é a través de https://entradas.ataquilla.com.