Ribadeo, 25 de setembro, 2019. Dado que os trámites para a cesión da parte propiedade do concello na Torre dos Moreno seguen adiante sen que publique o convenio entre o Concello e a empresa Paisajes de Asturias e o devandito documento non figura nas actas correspondentes do pleno e das xuntanzas da Xunta do Goberno Local, temos presentado o presente escrito no rexistro municipal co obxectivo de chegar a coñecer exactamente os termos do convenio e podelos transmitir á opinión pública. O noso escrito dí o seguinte:
Sr. Alcalde de Ribadeo
As persoas abaixo asinantes, en nome propio e en representación do Colectivo “EN MAREA” de Ribadeo
EXPOÑEMOS:
Que tendo coñecemento do acordo da Xunta de Goberno Local do día 8 de maio de 2019 referente a “Expediente para permuta de inmoble de titularidade municipal”
Que sendo un asunto de interese xeral para a veciñanza
Que o acordó foi tomado en sesión NON PUBLICA en contra do que di a sentenza do TC de 26 de setembro de 2013
Que botamos en falta o prezo certo da parte do concello
Que botamos en falta o texto, ou polo menos as cláusulas mais importantes do Convenio ca empresa Paisajes de Asturias, que presuntamente se somete a aprobación
SOLICITAMOS:
Aclaración sobre as consideracións legais que motivaron que o acordo se adoptase en Xunta de Goberno Local NON PUBLICA, cal é o PREZO CERTO da parte do concello e copia do TEXTO do CONVENIO.
Colectivo En Marea de Ribadeo