Foz, 18 de setembro, 2019. O Grupo municipal do PP de Foz suspende ao bipartito no seu primeiro verán como goberno e felicita a traballadores municipais, asociacións e comisións de festas que sacaron adiante estes 3 meses a pesar da desorganización do bipartito a pesar da desorganización e das trabas que supuxo a falta de pericia e iniciativa de socialistas e nacionalistas.
“O NOSO GOBERNO, VAISE NOTAR DENDE O PRIMEIRO DÍA, así de tajante declaraba o Sr Cajoto o 28 de maio de 2019”, recordaba o Concelleiro popular Juan Rivas , “…e vaia si se notou, pero para peor, e senón que llo pregunten ao persoal municipal, asociacións e comisións de festas e aos propios veciños que sufriron a falta pericia e previsión do bipartito, que a pesar de ter o dobre de Concelleiros e unha dedicación máis que o anterior goberno e o orzamento máis alto dos últimos anos para festas, non lle quedou outra que tirar do traballo dos demais para sacar a diante o verán…”
Prosegue o popular, “…E dicimos que do traballo dos demais porque, aparte do esforzo indiscutible de traballadores e comisións, o único que fixo o Bipartito foi seguir o guión que tiña marcado o anterior goberno que deixara a maior parte dos eventos xa comprometidos. Non houbo nin unha soa innovación respecto a outros anos agás pegas e obstáculos que chegaron a desquiciar aos organizadores, actitude totalmente diferente ao que facía o Partido Popular no seus primeiros veráns onde naceron a Festa Normanda, festivais coma Vrao, A nosa Fala, Bal y Gay ou o Foz Market, a Carreira Run Foz Run, e outras moitas novidades que agora son referencia do verán focense….”
Continua Rivas “ Pero a parte de decepcionante no eido lúdico-festivo; repetimos xerado polas altas expectativas das primeiras declaracións do Alcalde, o verán estivo cheo de problemas coa limpeza do núcleo urbano e coa recollida do lixo que tanto lles daba que facer na oposición e que sen dúbida empeorou este ano, agravado pola falta de atención das parroquias onde houbo estradas locais e provinciais que non se rozaron nos 3 meses de verán, véndose obrigados a tirar da subcontratación das mesmas empresas privadas que antes deostaban..”
“…E remato esta valoración negativa da actuación do bigoberno no seu primeiro verán, recomendándolle máis humildade dado que subestimaron o traballo nestes anos dos Populares que dispoñiamos de moitos menos medios que vostedes e demostramos ter un proxecto para o verán focense, que precisamente é o que está usando agora o Sr Cajoto e que tanto criticou na campaña electoral. Ademais pedímoslle tamén ao goberno que aparte de algo de iniciativa propia, dado que se dedicou a facer propaganda de xestións feitas por nós, reclame máis presenza e dedicación dos seus nove integrantes posto existen Concelleiros do goberno que se votaron en falta en innumerables actos oficiais aos que o Partido Popular sigueu asistindo maioritariamente…”