Madrid, 17 de setembro, 2019. O senador lucense, José Manuel Barreiro, vén de rexistrar unha moción no Senado co fin de que o Goberno cumpra os compromisos asumidos coa fábrica de Alcoa en San Cibrao, de cara a garantir o mantemento da produción industrial e, en consecuencia, os empregos directos e indirectos que xera esta multinacional tan relevante para A Mariña e a provincia en xeral. Deste xeito, o popular explica que esta iniciativa xurde logo de que a ministra confirmase a non asistencia á comisión fixada hai días e na que estaba previsto que o propio Barreiro a interpelase sobre este asunto.
“Dirixímonos así ao Executivo, agardando que cumpra cada unha das promesas trasladadas no día de onte ao comité de empresa. Así llelo demandadaremos, esperando que as palabras da Sra. Maroto non tivesen un fin electoralista”. Con esta afirmación, o popular amósase excéptico respecto dos anuncios realizados pola dirixente de Industria, pois, indica, “todos sabemos a estas alturas que veñen compromentendo a aprobación do estatuto dende hai meses e, a día de hoxe, aínda no se deu nin o primeiro paso”, remarca.
O Goberno “non ten escusas”
Deste xeito, Barreiro incide en que o Goberno “non tes escusas” para dar unha solución, xa que dito documento electrointensivo se pode aprobar vía Real Decreto, para logo ser aprobado polo Consello de Ministros. “É dicir, dende o Goberno teñen todo na súa man para manter a principal empresa que temos na provincia. Isto é cuestión de vontade política, polo que de non cumprir os anuncios realizados no día de onte, o Partido Socialista quedaría en moi mal lugar, demostrando que nin lle interesa o emprego, nin a producción industrial do país”.
E é que non é a primeira vez que a factoría lucense pasa por tensións como consecuencia do prezo da electricidade. Na época de Mariano Rajoy estas foron solventadas, pero, nesta ocasión, a situación agrávase pola inactiviade do Executivo e de decisións políticas que cuestionan o futuro das empresas produtoras de enerxía sin alternativas viables a prezos competitivos.