O cortes de tráfico realizaranse de modo progresivo, coa correspondente sinalización, segundo vaia avanzando a obra ao longo da súa execución. Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, entendendo que se trata dunha mellora sustancial da zona, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.