BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, tilda de errónea a información que hoxe publica un diario e que apunta a que o xuíz anulou a primeira das 44 licencias concedidas hai catro anos para a construción de vivendas no concello. Fuente Parga sinala que “o que anulou o xuíz no mes de decembro pasado é un modificado da licencia inicial. Eso quere dicir que non anula a licencia para a construción de 173 pisos en San Miguel de Reinante, senón a modificación realizada despois”.
O rexedor barreirense engade que “esa sentencia do xulgado do contencioso administrativo nº 1 de Lugo xa foi recorrida por parte do promotor e por parte do propio Concello”. Alfonso Fuente considera que “o que fan algúns medios publicando estas novas erróneas é danar a imaxe do Concello de Barreiros”.