Barreiros, 4 de setembro, 2019. A alcaldesa, Ana Ermida, xunto cos concelleiros María Carmen Veiga e Antonio Veiga recibiron no salón de actos do Concello de Barreiros aos nenos saharauis que se despiden ata o ano que ven.
Estes nenos pasaron os 2 meses do verán en barreiros grazas ao programa “Vacacións en Paz” que é organizado en Galicia por Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) coa colaboración económica da Xunta de Galicia e o apoio dos concellos.
Ana Ermida agradece ás familias “a súa solidariedade e a gran labor social que fan con estes nenos, contribuíndo na medida do posible a paliar a débeda histórica que o Estado español ten co pobo saharaui”.
Galicia vén participando nesta iniciativa solidaria desde o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras galegas.