Burela, 2 de setembro, 2019. Dende hoxe xa están dispoñibles os carnés 2019-20 para gozar das ligas de Primeira LNFS e RFEF, que arrincarán o sábado 14 en Vista Alegre. Unha tempada máis o Pescados Rubén Burela FS contará co apoio do Resort Thalasso Las Sirenas de Viveiro para agasallar os socios laranxas cun 10% de desconto no seu servizo de Wellness. O director do complexo, José Pereira, e o presidente burelista, Manuel Blanco, presentaron os abonos dende a terraza panorámica das instalacións.
Os nov@s soci@s poderán formalizar a súa solicitude cubrindo o formulario adxunto e facendo a entrega na sede do club (Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela) ou a través de burelafs@burelafs.org.
Como novidade, as altas de socio tamén se poderán tramitar online, nesta LIGAZÓN.
PREZOS DE ABONOS 2019-20
0-5 anos: Gratuíto
6-17 anos: 20 euros
Abono 25 (18-25 anos): 50 euros
Xubilad@: 70 euros
Individual: 100 euros
Familiar (só para soci@s antig@s): 160 euros
Horario de atención: De luns a xoves (10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas) // Venres (10.00-14.00 horas)
Abono reducido CD Lugo
Esta tempada, os socios laranxas poderán gozar ademais do fútbol de Segunda División no Anxo Carro accedendo a un abono reducido, para 6 partidos ao longo de toda a tempada (Adult@ 50 euros// Infantil -5 a 14 anos- 15 euros- Fondo Sur), e con todas as vantaxes do socio do CD Lugo