Nota de Prensa
González Barcia asegura que a Deputación non acometeu ningún proxecto novo de estradas na Mariña
O voceiro adxunto do GPPP di que a obra de San Xurxo a Arroxo é do ano 2006
Pídelle ó bipartito provincial “máis compromiso coa Mariña e máis cartos”
Lugo, a 21 de marzo de 2010.- O deputado provincial popular pola Mariña José María González Barcia asegurou hoxe que a Deputación bipartita non acometeu ningún proxecto novo de infraestructuras viarias na Mariña a maiores do xa comprometido durante a anterior etapa de goberno do PP.
González Barcia calificou de “fantasías propias de persoas que viven nunha realidade virtual” as recentes declaracións de Lara Méndez sobre o investimento da Deputación na Mariña en materia de estradas, “porque a realidade é tozuda. As declaracións de Méndez só poden entenderse dende o descoñecemento da realidade, o que sería explicable dado que rara vez asiste ás Xuntas de Goberno, e dende a lectura mecánica dos datos que tendenciosamente lle preparan”.
Barcia indicou que a pretendida mellora de sinalización da rede viaria provincial, prácticamente certificada ó cento por cento, redúcese á colocación dunha nova sinalización kilométrica, pero “a rede viaria provincial na Mariña tén a sinalización horizontal sen repintar”. “É máis”, engadiu, “a mellora da sinalización non está garantindo unha mellor seguridade, e ó exemplo da estrada Santo Tomé-Santa María Maior nos remitimos: a menos de un metro dun encoro non hai biondas de protección, aínda que eso non o viu a Sra. Méndez”.
O voceiro adxunto dos populares na Deputación puxo tres exemplos: a estrada dende Burela a Rúa, que quedou xa adxudicada da etapa de goberno popular na Deputación, en concreto a obra 573 do Programa Operativo Local (POL) de 2006; a tan anunciada mellora da estrada Altar-Reinante-Os Castros xa tiña un proxecto de 2006 con máis de 455.000 euros; e, por último, a estrada San Xurxo-Arroxo, en Lourenzá, que xa está no Plano de Obras e Servicios (POS) provincial de 2006. “Como moito, estes proxectos tiveron modificados, pero sobre os proxectos que no seu día encargou, licitou e mesmo chegou a adxudicar a Deputación na anterior etapa”, apuntillou.
Barcia considera que estes tres exemplos son “máis que evidentes, e correspóndense con tres obras que se están a levar a cabo agora, pero que veñen da etapa anterior, e que como moito foron obxecto dalgún que outro modificados, pero que son reiteradamente visitadas e publicitadas desde o bipartito provincial”. “Desde o GPPP pedímoslle ó bipartito provincial que nos diga unha soa actuación na Mariña en materia de estradas realmente novedosa que teñan iniciado e que non teña ningún vínculo coa etapa anterior”, engadiu.