Barreiros, 27 de agosto 2019. Uns 20 rapaces e rapazas de 9 a 16 anos participaron na mañá de onte na actividade “Voa con nós”. Un actividade enmarcada dentro do programa TechKids elaborado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coas Aulas CeMIT.
Na primeira parte da xornada coñeceron as distintas partes dun dron, viron porqué conseguen voar, e deron os seus primeiros pasos na pilotaxe probando as súas habilidades nun circuíto preparado para a ocasión. Xa na segunda parte aprenderon a programar por bloques co programa Scratch, creando un pequeno programa que enviado ao dron este era capaz de facer un percorrido de forma autónoma sen ser tripulado.
Á xornada acudiu a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida e os concelleiros María Carmen Veiga e Antonio Veiga, valorando moi positivamente o interese que espertan as novas tecnoloxías e apostando pola continuidade deste tipo de xornadas, ás cales, nos concellos pequenos é máis difícil de chegar.