A Banda de Ribadeo interpretou De Granada a Daimiel, Carrascosa, En er mundo, Tres veces guapa, Marcial, El gato montés, Paquito chocolatero, No te vayas de Navarra, Campanera e Martiñika. A entrada ao escenario desde o paseo marítimo fixérona tocando a peza Banda Galega. O churrasco foi feito na propia área recreativa de Cabanela por membros da asociación Amigos da Semana Santa de Ribadeo. E despois de cear seguiu a festa con música para bailar.