Burela, 13 de agosto, 2019. Comeza a conta atrás, coa apertura da campaña de socios/as 2019-20. Tan só queda un mes para Vista Alegre volva ruxir co mellor dos espectáculos nunha tempada moi especial para a Familia Laranxa, cumprindo 18 anos de traballo dende a base á elite.
Os nov@s soci@s poderán formalizar a súa solicitude cubrindo o formulario adxunto e facendo a entrega na sede do club (Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela. Horario do mes de agosto: De Luns a venres, 9.00-14.00 horas) ou a través de burelafs@burelafs.org.
Como novidade, as altas de socio tamén se poderán tramitar online, nesta LIGAZÓN.
PREZOS DE ABONOS 2019-20
0-5 anos: Gratuíto
6-17 anos: 20 euros
Abono 25 (18-25 anos): 50 euros
Xubilad@: 70 euros
Individual: 100 euros
Familiar (só para soci@s antig@s): 160 euros
Retirada de carnés
Tanto os novos socios como as renovacións poderán retirar o seu carné dende o día 2 de setembro na sede laranxa.
Horario de atención a partir de setembro: De luns a venres (10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas).