Foz, 6 de agosto de 2019. A concelleira popular Laura Balseiro denuncia o estado caótico e de abandono do núcleo urbano e das parroquias focenses e acusa aos dous máximos dirixentes do bipartito da mala imaxe que está a dar o pueblo no seu primeiro verán como goberno e que se pode apreciar na rúa e nas redes sociais .
O grupo municipal do Partido Popular fai público o cabreo monumental dos veciños do casco urbano e das parroquias, incluso turistas que denuncian nas redes sociais o pésimo estado de limpeza do pobo, totalmente abandonado por un goberno Bipartito de Psoe e Bng absolutamente desbordado, onde os barrenderos non existen e os contenedores desbordan pola falta de previsión do Equipo de Goberno.
Argumenta a Concelleira Popular Laura Riveira que “…A pesar de ser o dobre de membros no goberno e de ter unha dedicación parcial máis que o anterior, a mellora ao día seguinte de gobernar que se propuxo o Sr Alcalde é visible pero por defecto, sendo caótico o servizo de limpeza e recollida de basuras e a falta de desbrocenas parroquias…”.
A todo iso hai que sumar, prosegue a Concelleira, “….a falta de limpeza das praias, os paseos e as estradas sen desbrozar nas parroquias, as fontes ateigadas de herba, e no núcleo urbano falta de contenedores e os que hai están desbordados e cheirentos, falta de efectivos para a limpeza, as rúas non se baldean os fins de semana como se facía co anterior goberno e así nos mostran o seu disgusto os múltiples veciños e turistas que se encontran cun pobo mal coidado…”.
Facemos responsable aos dóus máximos mandatarios do pobo, os Srs Cajoto e Fanego Alcalde e Tenente de Alcalde do pueblo e responsables das respectivas Concellerías, o primeiro da Falta de limpeza do núcleo urbano, coa que por certo fixo campaña electoral, e o segundo polo total descuido do medio rural focego do que é titular o mandatario nacionalista.