Lugo, 31 de xullo de 2019. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE da Provincia en Lugo, Patricia Otero avanzou que mañá xoves, ás 20:30 horas na sede do Partido lucense, arrinca a primeira xornada de traballo da nova executiva.
“O calendario de traballo do PSOE na provincia en Lugo comeza en pleno mes de agosto co fin dar as resposta ás demandas de todos os veciños, asociacións ou colectivos, e ao mesmo tempo estar apegado aos 67 Concellos da provincia. Durante este mes marcaremos as nosas prioridades, tanto orgánicas como políticas, para ser útiles a todos os cidadáns”, sinalou Otero.
Nesta xuntanza o PSdeG-PSOE Lucense porá en marcha os novos plans de traballo das secretaria, das que forman parte un total de 41 persoas, entre as que se inclúen; emprego, xubilados e pensionistas, coordinador comarcais, transición ecolóxica, dependencia, sanidade e consumo, turismo, medio rural, mar ou promoción do territorio, entre outras.