Ribadeo, 30 de xullo de 2019. Os días 5 e 18 de agosto terán lugar en Ribadeo dúas observacións astronómicas. A actividade denomínase O Camiño das estrelas. As estrelas do Camiño e enmárcanse no programa O Teu Xacobeo da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta.
A cita será na praza de España ás 22:30 horas.
Colaboran na organización das devanditas observacións a Universidade de Santiago de Compostela, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller e o Concello de Ribadeo.
Ademais do 1 ao 9 de agosto poderase visitar en Ribadeo, na oficina de turismo, unha exposición sobre a chegada do home á lúa. A mostra forma parte do programa TodoCosmos 2018-2019, que desenvolve o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e que está financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
A exposición está composta por 12 paneis + 1 de créditos e un photocall co astronauta na lúa “para que quen a visite poida sacarse a foto correspondente de recordo”.