As monitoras de Gaia explicaron que “con esta actividade preténdese promover nos participantes unha actitude crítica fronte ás agresións do medio mariño e que contribúan á súa conservación e mellora e identificar os tipos de residuos atopados no litoral, indicando a súa procedencia”. Os asistentes atenderon as explicacións das monitoras sobre as diferentes formas de contaminación mariña e os seus efectos sobre os ecosistemas e a nosa paisaxe.