Nota de Prensa
O PP afirma que a Deputación “non se esforza” en garantir a seguridade da súa rede viaria
* Os populares denuncian a ausencia de biondas de protección nunha estrada provincial ó seu paso polo concello de Lourenzá e adiantan que están a estudar iniciativas políticas encamiñadas a conquerir que estas deficiencias se subsanen canto antes
Lourenzá, a 17 de marzo de 2010.- Os populares consideran que a Deputación “non se esforza debida e suficientemente” en garantir a seguridade na súa rede viaria. Así o constataron o alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez-Sierra, e a portavoz popular de Mondoñedo, Elena Candia, que xunto cos deputados provincia polo PP, José María González Barcia e José Manuel Yanes Ginzo, visitaron hoxe pola mañá a estrada provincial de Santo Tomé a Santa María Alta ó seu paso polo encoro que abastece de auga ó concello de Lourenzá.
A inexistencia de biondas de protección ocasiona unha situación de risco permanente ós usuarios dunha vía de comunicación moi transitada. Á ausencia de biondas, súmaselle á existencia de grava solta na calzada, algo, por outra banda, habitual na rede viaria provincial, segundo suliñaron os populares.
Os deputados provinciais do Partido Popular indicaron que “esta situación de inseguridade é unha constante na rede viaria provincial e destacaron que se teñen gastado moitos cartos nunha sinalización que queda moi bonita e que incluso pode que fora necesaria, pero tanto ou máis necesario resulta garantir á seguridade dos usuarios”.
A voceira do PP en Mondoñedo, Elena Candia, explicou que “recentemente, e preto do encoro, noutro tramo sin vallas de protección, un coche saiuse da vía por un talud de maís de dez metros de alto, o que demostra o grao de inseguridade que presenta a estrada”.
Pola súa banda, o alcalde de Lourenzá, Vidal-Martínez Sierra, considera que “a Deputación debería facer un esforzo adicional en tal sentido, porque esta estrada ten unha gran densidade de tráfico, e o día menos pensado podemos ter que lamentalo realmente”.
Os populares adiantaron que estudiarán as medidas políticas a tomar encamiñadas a conquerir que esta situación se solucione.