Foz, 23 de xullo de 2019. O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición da súa campaña Comercio na Rúa, que terá lugar os días 26 e 27 de xullo.
Trinta establecementos da vila ofrecerán interesantes descontos durante esas dúas xornadas nas que exporán os seus artigos nas rúas da vila, agás algún deles que o fará no seu interior. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos locais adheridos a esta iniciativa. Segunda subliñan desde o CCA “en caso de que o tempo non acompañe os locais ofrecerán os descontos no interior”.
Os comercios participantes este ano na campaña Comercio na Rúa son: 5 Lobiños, Alma Libre, Arrullos, Briz Peluquería, Buxo Xogos, Carmen León Zapatería, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, La Flor Abulense, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Intima, María Docampo, N1 Deportes, Ofifoz, Sensación Surf, Sueños, Unique-2, Vagaluz, Vas´s, Vas´s Outlet, Xanela e Complementos.
O presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, anima “a aproveitar esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi especiais. Ademais de vir mercar a Foz a xente pode aproveitar para pasear pola nosa vila e para disfrutar tamén da nosa hostalería”.
Colaboran con esta campaña, organizada polo CCA de Foz: o Concello de Foz e a Xunta de Galicia.