Burela, 20 de xullo, 2019. Ata a cidade salmantina se desprazaron membros de A Moncloa, da Sociedade Cultural Ledicia así como a historiadora Herminia Pernas. Primeiro desenvolveronse unha serie de intervencións e a continuación tivo lugar unha degustación de bonito, elaborado en diversas preparacións polo restaurante O Pazo Couñago. Os asistentes puideron probar o bonito en marmitako, á plancha, cocido, asado e en empanada. Desde Absa enviáronse 20 quilos de túnido para facer esta promoción. Desde o Concello levaron tamén material con información turística e convidaron aos asistentes a acudir a Burela á Feira do Bonito, que se celebra a primeira fin de semana agosto ou a visitar a localidade en calquera época do ano. Houbo intercambio de agasallos entre o Centro Galego e o Concello de Burela.
Alfredo Llano fixo unha valoración moi positiva desta acción e subliñou “a acollida extraordinaria que nos brindaron no Centro Galego de Salamanca, ata o que se desprazaron varios concelleiros, senadores e deputados provincias, ademais de representantes da Universidade”.