Xove, 15 de xullo de 2019. A parroquia de Lago, no Concello de Xove, celebra as súas Festas Patronais na honra á Virxe do Carme e a San Antón.
A organización da Festa corre a cargo da Asociación de Festexos A Granda. O amplo programa de actividades vai comezar o venres 19 de xullo, cunha gran churrascada, con prezos populares, a partires das 8 da tarde no campo da festa, á que están citados tódolos xovenses e visitantes da Parroquia nestes dias. Cada ración vai incluir: churrasco de porco, ½ chourizo vermello, ½ chourizo criollo, patacas fritidas e pan.
Despois da churrascada, e para facer unha boa digestión movendo o esqueleto, unha gran verbena coa “Orquestra Salsarena” e o “Grupo Arizona”. Prevendo unha grande afluencia de público, a organización ten previsto amplos aparcamento no campo da festa co fin de facilitar a presenza de todos os visitantes.
O sábado 20 de xullo, Día adicado á Xirxe do Carme, pola mañá haberá sesión vermú a cargo do “grupo Alma Latina”, e xa pola noite, verbena co “grupo Tapyoka” e “Alma Latina”.
O domingo 21 de xullo, Día adicado a San Antón, haberá pola mañá Misa Solemne ás 13:30 horas e posterior procesión, para rematar cunha sesión vermú prolongada a cargo do trío “Lembranza”, coa que se porá punto final ás Festas.
A comisión quere, darlle as grazas a tódalas persoas, institucións, empresas, etc. que desinteresadamente colaboraron coas festas, agradecemento especial para todos os veciños de Lago, a quen invitan a participar e disfrutar das moitas actividades programadas.