O Vicedo 15-7-19. O mércores de natureza desta semana será unha ruta de sendeirismo que
percorrerá a zona de costa entre Viveiro (Covas), praia de Abrela,
Fuciño do Porco, San Román e Folgueiro. Ademáis vinculada ao uso dun
transporte público como é o tren Feve. O punto de partida será ás 10h no
apeadeiro FEVE do Vicedo desde onde se tomará o tren para comezar a ruta
en Covas (Viveiro). Emprenderemos a ruta, duns 14km, para dirixirnos á
praia de Abrela, Fuciño do Porco, San Román e rematar en Folgueiro, onde
tomaremos o tren de volta ás 16:15h. Hai que levar comida e bebida e
roupa axeitada para camiñar. Inscricións no 982 59 01 95.
Por outra parte, o xoves ás 21:30h haberá unha representación de títeres
na terraza da Casa da Cultura, a cargo de Títeres Cachirulo, que vai
representar a obra “A cabeza do dragón”.
Finalmente, o vindeiro domingo haberá unha nova edición da Festa de
Turismo Rural, no parque eólico de Muronovo, e que consistirá nunha misa
solemne ás 13:30h, degustación de produtos típicos, carreiras de cabalos
e festa a última hora da tarde. Organiza: Concello de O Vicedo.