A ala coruñesa Lucía Gómez repetirá como burelista en 2019-20, na súa segunda campaña na bisbarra da Mariña. Luci, unha das habituais da Selección Española, coa que se proclamou campioa de Europa (Portugal 2019) xunto á tamén laranxa Peque, convértese na sexta cara coñecida do bloque, con Ana Romero, Cilene, Bea Mateos, Dany e a propia Peque. A 19 burelista incorporouse á escuadra das Guerreiras a tempada pasada dende o Ourense Envialia FSF; tan só perdeu 3 partidos en toda competición de liga e anotou 13 dianas. Na XIII Copa Galicia selou a vitoria e título fronte ao seu ex-equipo co definitivo 0-3, tras dobrete de Peque.
Unha campioa de Europa que repite como burelista
Unha campioa de Europa que repite como burelista
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros