A sempre máxica Cilene Pereira tamén continuará na Mariña. A peche brasileira cumprirá a súa cuarta tempada no PRBFS, converténdose na segunda renovación da escuadra, tras a meta Ana Romero, e sumándose ás pichichis, Peque e Dany, con contrato en vigor. A punto de cumprir 35 anos, a calidade e experiencia de Cilene constitúen un dos grandes puntais das Guerreiras. Tras alzarse como a máxima artilleira do conxunto hai 2 tempadas e ser recoñecida como Mellor Xogadora co Trofeo Viceroy 2017-18, a pegada da 6 burelista volveu entrar na Historia Laranxa en 2019, materializando o penalti que converteu o equipo mariñán en campión da I Copa de SM A Raíña, o pasado 16 de xuño en Burela, fronte ao Futsi Atlético Navalcarnero.
A maxia de Cilene cumprirá a cuarta tempada na Mariña
A maxia de Cilene cumprirá a cuarta tempada na Mariña
Relacionado
-
Taller de foto de luz negra impartido esta fin de semana por Diana Fajardo na Casa da Cultura en San Cibrao
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado en Ribadeo, a un veciño desta mesma localidade, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos
-
O pasado 15 de novembro celebrouse unha cea para homenaxear pola súa xubilación a Beatriz Lloret Sancho, quen durante máis de 30 anos desempeñou o posto de Enfermeira e subdirectora na Residencia de Maiores de Burela, dependente da Xunta de Galicia