Nota de Prensa
O GMS FIXO, FAE E FARÁ OPOSICIÓN AÍNDA QUE LLE PESE AO EQUIPO DE GOBERNO E AO EX ALCALDE DE CERVO
O EQUIPO DE GOBERNO GASTA MAIS ESFORZOS EN CRITICAR A NOSA LABOR EN LUGAR DE ADICARSE A GOBERNAR
CERVO, 15 DE MARZO. Dende o GMS queremos saír ao paso das desafortunadas declaracións do PP de Cervo e do equipo de goberno liderado por Alfonso Villares onde asegura que non lle gusta a nosa forma de facer oposición chegando a tachar aos concelleiros socialistas de “malas persoas”. Non imos entrar en descalificacións persoais, pero tampouco imos tolerar leccións de persoas que dirixen unha institución a golpe de maza e sen contar coa pluralidade de todos os veciños.
Concepto de “malas persoas”
Discrepamos radicalmente do concepto de “malas persoas” que ten o alcalde de Cervo, posto que entendemos que facer un seguimento da labor do goberno, e informar aos veciños sobre todos os asuntos relativos ao concello é o noso traballo e a nosa obligación. Nós entendemos por malas persoas aquelas que por exemplo son capaces de cortar servizos básicos a nenos polo simple feito de non ir ao colexio que quere o PP e tamén deixar unha zanxa aberta durante un mes a veciños con limitacións físicas a pesar das denuncias reiteradas sobre estes feitos.
Tribunal de Contas e devolución de cartos
Outro dos asuntos polo que o equipo de goberno nos acusa é polo grave “delito” de informar sobre as persoas que tiveron que devolver cartos as arcas municipais coma consecuencia das dilixencias do Tribunal de Contas; neste senso cabe recordar que foi precisamente o organismoso autonómico o que abriu as dilixencias e non a oposición. Sen ambargo non se pode dicir o mesmo do equipo de goberno do PP, posto que dende as filas populares partiron denuncias contra antigos concelleiros socialistas, denuncias que se pagaron con cartos públicos e que resultaron non estar acreditadas. Temos que recordarlle ao PP de Cervo, que ningún concelleiro socialista tivo que devolver cartos ás arcas municipais, ni tan siquera por “errores” de persoal de intervención.
Acto das bisaboas
Reiteramos as nosas denuncias sobre os actos do día da muller. Un acto ao que o equipo de goberno evitou invitar aos concelleiros da oposición a pesar de formar parte da corporación e que deixou excluída do obsequio a algunha bisaboa a pesar de haberse apuntado para este acto. Parécenos discriminatorio que os concelleiros do PP acudiran a unhas casas si e aoutras non, e isto pódese corroborar posto que foron os veciños perxudicados os que informaron destes feitos á oposición e non é por tanto unha denuncia dos socialistas de Cervo.
Aviso ao equipo de goberno
Dende o GMS queremos avisar ao PP de que non imos consentir que se discrimine a ningún veciño nin imos consentir que haxa veciños de primeira e de segunda e tomaremos todas as medidas oportunas para evitar que se produzan situacións discriminatorias que en todo caso, imos seguir denunciando.