Burela 27-6-19. Luis Martínez Somalo, Luisma, tamén formará parte do Pescados Rubén Burela FS no seu regreso a Primeira LNFS. O pivote logroñés, unha das pezas fundamentais na reconversión da filosofía laranxa ao longo destas dúas últimas tempadas, cumprirá a súa terceira campaña nas filas mariñás.
O 6 burelista, de 30 anos, referenda a aposta por un bloque que tamén contará con Matamoros, Iago Míguez, Lucho ou as Xoias Laranxas Renato e Pitero, con contrato en vigor, e a renovación de Pope, ademais das chegadas de Álex Diz, desde Osasuna Magna, ou Everton, desde Santiago Futsal.