Viveiro, 19 de xuño de 2019. Dende o Concello de Viveiro queremos felicitar publicamente ao viveirense Santi López Chao e os tres compañeiros de Xove que están a realizar en bicicleta a ruta entre Lannion, na Bretaña, e Viveiro, co obxectivo de promover a doazón de órganos, tecidos e médula ósea. Cremos que este novo reto deportivo, que se suma aos moitos realizados por Santi López, sirve para dar visibilidade e normalidade a este tema, demostrando que é posible practicar deporte sendo trasplantado e que serve, sobre todo, para promover a importancia das doazóns. Dende o Concello de Viveiro sentímonos profundamente orgullosos de colaborar nesta causa e que o nome de Viveiro estea presente nos maillotsa destes catro deportistas. Por todo isto, moitas grazas e moito ánimo!
A Alcaldesa-Presidenta,
María Loureiro García