Lourenzá, 14 de xuño de 2019. O Concello de Lourenzá leva ao CEIP Juan Rey o vindeiro luns, día 17, a campaña educativa itinerante titulada Repara en…, que está promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
O concelleiro de Educación, Manuel Arango Ron, explica que “esta campaña, que se desenvolverá durante a mañá do luns 17 de xuño nas dependencias do CEIP Juan Rey, ten como obxectivos fomentar a prevención de residuos alimentarios, potenciar a compostaxe e mellorar a recollida selectiva e a separación para favorecer a reciclaxe dos residuos”.
Manuel Arango engade que haberá “unha exposición de 7 paneis sobre xestión de residuos, prevención e preparación para a reutilización, desperdicio alimentario, compostaxe, recollida selectiva e economía circular; unha proxección audiovisual e actividades dinámicas co alumnado do colexio laurentino”.