Ribadeo, 14 de xuño de 2019. Daniel Vega pon en valor de novo o compromiso do Goberno galego con Ribadeo ao dirixir arredor de 25.000 euros para as obras de reparación do porto comercial e pesqueiro ribadense a través de Portos de Galicia.
O popular sinala que as actuacións teñen como obxectivo “reparar a explanada de descarga fronte á lonxa de Ribadeo, así coma o viario adoquinado do peirao de Porcillán”.
Vega subliña que estes traballos “responden a unha petición da Confraría de Pescadores de Ribadeo que solicitaron melloras na soleira de formigón do peirao pesqueiro e advertiron dos desperfectos existentes nas explanadas portuarias”. Así, considera que “isto demostra que a administración autonómica está cerca dos veciños e veciñas e da resposta ás súas necesidades”.
A obra sufragada por Portos de Galicia consiste concretamente na reposición do pavimento con adoquín asentado sobre morteiro de 5 cm de espesor medio sobre base de formigón. Así mesmo, nos peiraos pesqueiro e comercial “repóñense 524 m2 de formigón con pulido do acabado final do pavimento”.