BURELA .- A selección de Galica alevín de Baloncesto e o club de baloncesto Burela infantil disputaron un encontro en Burela dentro do programa de preparación que segue a selección de Galicia, de cara ao campionato de España, que terá lugar a finais de mes, en San Fernando, Cádiz.
O resultado final foi de 57 a 61 a favor da selección de Galicia. Salientar que o equipo infantil do club de baloncesto Burela plantoulle cara a toda unha selección galega. O partido foi cualificado de excelente polos técnicos da selección de Galicia