Mondoñedo, 12 de xuño de 2019.- O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda presenta este venres 14 de xuño, ás 19.00h, as accións que se levarán a cabo neste 2019 dentro do proxecto “Terras de Miranda – Turismo de Lugo” financiado con fondos europeos a través do Programa Leader.
O obxectivo principal é o de impulsar a comercialización turística e a mellora da promoción dos axentes e do Territorio Terras de Miranda – Turismo de Lugo a través da presentación dunha nova marca. Trátase de consolidar a oferta turística, así como a creación dunha rede de prescriptores da oferta do territorio e impulsar a comercialización de experiencias do destino a través da intermediación turística, buscando a desestacionalización da demanda e o desenvolvemento sostible do territorio.
O evento estará presidido polo presidente do GDR-1 Terras de Miranda, Vidal Martínez Sierra-López; a xerente, Mª Elena Martínez Paz; e por representantes da empresa Valora Consultores, encargada da realización do proxecto.