Agora que volvemos a ter eleccións dentro de 300 dias, máis ou menos, quixera adicarlle con moito agarimo e algo de retranca un anaco do meu tempo aos políticos de A Mariña.
Se é vostede un abnegado concelleiro, un esforzado alcalde, un laborioso deputado provincial, en definitiva, se decidiu adicar o mellor do seu talento á cousa pública, parabén. Como dixen nalgunha ocasión, a política é o máis asombroso artefacto social, se exceptuamos as convencións de ufólogos e o Festival de Eurovisión.
Hai dous momentos craves na traxectoria política: Entrar e saír. Cando deixar a política?. Non é fácil responder a esta pregunta. En todo caso, se é vostede político e recoñécese en polo menos tres destas dez situacións, probablemente chegou o momento de ceder a substitución a novas caras.
Asiste a unha comida familiar, poñamos que o aniversario da avoa. Antes de empezar o segundo prato, un familiar lanza un comentario crítico sobre a xestión do goberno e vostede non só non toma nota, senón que reacciona iradamente.
Nunha reunión do seu partido, preséntanlle a un mozo emerxente, brillante, traballador e entregado. O primeiro pensamento que lle vén á cabeza é: “A ver se este vaime a acabar sacando o posto”.
Recentemente, dixo algo similar a isto: “O problema non é o que facemos, senón como o explicamos. Temos que saber comunicarnos mellor”.
No seu último discurso, dedicou máis tempo a defenderse de determinadas acusacións que a explicar o seu proxecto de goberno.
Ultimamente fala de vostede en terceira persoa. dixo algo así como “Este alcalde ten claro…” ou “este alcalde nunca tolerará”.
Nunha reunión de traballo, alguén presenta unha iniciativa innovadora e antes de que acabe vostede pensa: “Isto non vai funcionar, seguro”.
Utilizou un falso nick e escribiu un comentario nun blog dixital encomiando o traballo que fai e/ou criticando aos rivais.
Ultimamente, sempre chega tarde aos actos e vaise antes de que acaben.
Onte, pasou máis tempo na sede do seu partido, concello ou similares que na rúa.
Fai máis de dúas semanas que non lle explica un conto pola noite ao seu fillo, neto ou sobriño.
Reflexiona mariñan metido, daquela maneira, na política e dimite, xa sei que e un dos verbos menos utilizados no sector pero e o que hai.
Otero Regal