Ribadeo, 11 de xuño de 2019. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP)Porta da Auga de Ribadeo organiza un curso de placas de xeso laminado, que se celebrará no salón de actos do centro este xoves, día 13, de 19 a 21 horas. Está dirixido a profesionais do sector da construción, pero aberto ao público en xeral. Na xornada falarase do deseño e da aplicación dos diferentes produtos conforme á esixencia do Código Técnico da Edificación, para compoñer ou configurar solucións para zonas de alta humidade, espazos con necesidade de acondicionamento, protección acústica ou que requiran dunha alta capacidade de carga. A xornada será impartida por Sergio Pérez, da empresa Placo.
O xefe do departamento de Edificación de Obra Civil do CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés, explica que “é un curso de formación que vai dirixido ao sector da construción, de acabados principalmente, ao alumnado do ciclo de obras de interior, que temos no noso centro, e tamén está aberto ao público en xeral que queira asistir. É formación sobre placas de xeso laminado e aplicación das prestacións. O Porta da Auga é centro referencia en acreditación de competencias no que é cartón xeso, a nivel de Galicia, da Consellería de Educación”.
José Méndez de Andés engade que “esta actividade, que facemos coa empresa Placo, que é referente no sector, ven engadir un pouco máis de formación aos alumnos que temos no noso centro e ademais á xente do sector que estivo presentándose para a acreditación de competencias”.