Viveiro 11-6-19. O domingo celebrouse nas pistas oleirenses de Bastiagueiro, o Campionato galego de veteráns de pista ó aire libre, cunha participación de preto de 600 atletas no que se batiron distintos records galegos e de España.
Esta proba serviulle á maioría dos atletas para comprobar o seu estado de forma coa vista posta na inminente celebración do Campionato de España de veteráns en Sagunto.
Por parte do club viveirense os medallistas foron, no apartado femenino: Mari Luz Sanmartín campiona galega nos 200m e nos 400 m e subcampiona nos 100 metros, na categoría de W65; Begoña de Arriba, acadou o ouro nos 5000m e a prata nos 1500m na categoría de W60 e a súa compañeira Susana Parguiña, en W50 fíxose coa prata nos 5000 metros. No apartado masculino, destacar na categoría de M75 a José Rioseco que se proclamou campión galego nas probas de 800m onde obstenta o record mundial de pista cuberta cambiando de especialidade e participando nos 3000 obstáculos para acadar un novo record de España con 14 minutos e 43 segundos; Eliseo López en M65 foi medalla de ouro en 5000m, Jose Luís Meizoso en M60, foi prata en 5000m, e Fermín Pan, medalla de bronce en M60 en 5000m. Andrés Piñón en M45 fíxose coa medalla de bronce en 1500m.