Foz 7-6-19. O xoves, día 6 de xuño, celebrouse, no colexio Martínez Otero de Foz, o acto de graduación do alumnado de 6º de infantil, que remata unha etapa que durou tres marabillosos anos. Ao emotivo acto acudiron todos os cursos do colexio (desde infantil ata a ESO), membros da comunidade educativa, pais e familares dos protagonistas. Todos eles puideron disfrutar de diferentes momentos que tardaremos en esquecer. O curso que vén iniciarán a súa andaina na educación Primaria.
O venres, día 7 de xuño, tivo lugar a despedida do alumnado de 4º de ESO. Esta celebración, que contou coa presenza de todo o alumnado do centro e unha nutrida representación das familias, iniciábase cunha intervención do profesorado que exerceu a labor titorial do grupo ao longo destes 13 anos de estadía no colexio. O acto continuou cunha canción que interpretou o alumnado homenaxeado para, deseguido, tomaren a palabra os rapaces e rapazas que foron facendo un repaso minucioso das súas vivencias e sentimentos no Martínez Otero. Acto seguido, procedeuse á entrega de orlas e ao intercambio de agasallos entre o alumnado e o profesorado. Para finalizar esta despedida, e xa só coa presenza do alumnado homenaxeado e os seus familiares, visionouse un vídeo retrospectivo coas imaxes dos seus trece anos de estadía no colexio. En último lugar, por volta das 13h, ofrecéuselles, ao alumnado de 4º da ESO e aos seus familiares, uns petiscos que correron a cargo da Administración do centro.