Viveiro, 4 de xuño de 2019. Por medio da presente nota quero felicitar publicamente aos alumnos do curso 5º B do CEP Lois Tobío e a súa titora, Magda Álvarez, polo primeiro premio na categoría de primaria do Festival Internacional de Curtametraxes que organiza Cinedfest (Festival Educativo de Cine), polo traballo titulado “Abre tu mente”, unha curta que trata a diversidade e a inclusión, e na que o xurado, formado por profesionais do mundo do audiovisual, valorou a historia, os planos, as localizacións, o guión, a escaleta, etc.
Para o Concello de Viveiro é unha honra que un centro educativo do noso municipio reciba este premio debendo destacar, ademais, a temática escollida; valoramos moi positivamente a escolla da diversidade e da inclusión como argumento da curtametraxe e considermos que este tipo de accións son fundamentais para sensibilizar á sociedade sobre a diversidade funcional, un obxectivo no que este concello está especialmente involucrado e polo que, en outubro do pasado ano, se organizou a primeira edición de Superarte.
Por este primeiro premio, as nosas máis sinceiras felicitacións!
A Alcaldesa,
María Loureiro García