Burela 1-6-19. Alfredo Llano referiuse á situación da sanidade na comarca: “é notorio que reclamei, reclamo e reclamarei a área sanitaria propia da Mariña e unha atención primaria ben atendida con todos os servizos. E o que vemos e comprobamos estes días é unha cuestión importante que xa se vía vir, que é a supresión dunha persoa que formaba parte da plantilla da ambulancia medicalizada na Mariña”.
Para o presidente da Mancomunidade “isto quere dicir que o que menos importa é o servizo e o que máis importa é reducir gastos e postos de traballo, algo tremendamente grave nos tempos que estamos a vivir. Por tanto a miña protesta formal sobre isto, que xa se vía vir, que se ía reducir o servizo e na Mariña como xa se ven facendo. Parece que é unha aposta discriminar, aborrecer e desprezar aos habitantes desta comarca e iso non pode ser. A Xunta debe mirar isto, debe dar marcha atrás e deixar as cousas como estaban, que é como realmente funcionaban”.